Quen muda o conto?

#Mudaoconto xorde do proxecto “Mocidade contra o discurso do odio”, unha iniciativa que puxo en marcha o voluntariado da Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) a mediados de 2021 co obxectivo de sensibilizar ás novas xeracións de xornalistas e comunicadorxs da importancia dos seus discursos. O voluntariado propón unha campaña dende as redes que, ademais de ensinar e facer reflexionar a quen a atope navegando por Instagram, Twitter ou Facebook, supón unha gran aprendizaxe para elxs mesmxs, as propias persoas que participan dela.

No 2022, a segunda edición do proxecto incorporou a realización de formacións nas tres universidades galegas co propósito de achegar estes consellos de primeira man, ademais de ser reforzados a través da campaña en redes sociais.

Este é un proxecto financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.